InicioPolíticaA Xunta rectifica e repón este luns a frecuencia suprimida no bus...

A Xunta rectifica e repón este luns a frecuencia suprimida no bus Lugo – Láncara

O goberno galego achaca a "problemas técnicos" a demora na reactivación da frecuencia de bus que empregan os escolares de Láncara, asunto que chegou ao Parlamento de Galicia

PUBLICADA O

- Advertisement -

As presións sociais e políticas levaron á Xunta a rectificar e repoñer a frecuencia eliminada no bus que une Lugo e a Pobra de San Xiao, imprescindible para os escolares de Láncara que estudan na capital da provincia. A supresión do horario das 14.35 horas obrigaba a combinar o servizo escolar co regular, derivando en condicións perigosas para os usuarios, que debían viaxar en pé ou sentados no corredor do autobús.

A situación chegara a tal punto, que o alcalde socialista de Láncara, Darío Piñeiro, ameazara con denunciar as deficiencias perante a Fiscalía. Os nacionalistas da localidade conseguiran que o asunto entrara no Parlamento de Galicia, esixindo a reposición da frecuencia que este luns volve a funcionar. Logo destes feitos, a Xunta tomou a decisión o venres de autorizar novamente o horario das 14.35, aliviando a demanda sobre outro dispoñible entre Lugo e A Pobra, ás 15.30 horas.

“Cuestións técnicas”

Aliás, o Partido Popular di agora que “liderou” a iniciativa, malia que a eliminación da frecuencia de bus era parte do novo Plan de Transporte da Xunta. O voceiro da formación en Láncara xustificou a demora na reposición do servizo por “cuestións técnicas”, pola necesaria adaptación dos “programas e das máquinas expendedoras” dos billetes. O autocar de Monbús que sae de Lugo ás 14.35 horas funcionará todos os días laborais dende este luns 22 de outubro. 

O rexedor de Láncara explicara que as condicións eran perigosas para os viaxeiros; sen prazas suficientes, moitos nenos estaban obrigados a viaxar no corredor e no chan do autobús. Para Darío Piñeiro, o goberno galego participaba “dunha ilegalidade”, poñendo en perigo a vida dos alumnos e do resto de pasaxeiros.

Dende o Bloque Nacionalista Galego fan eco da necesidade de que as paradas do autobús se produzan no centro da Pobra de San Xiao, e non no apeadoiro da LU-536, pola perigosidade que carrexa para a veciñanza. “A empresa concesionaria sempre rexeitou esta cuestión asegurando que retrasaría a combinación cos servizos ferroviarios, porén, xa non hai tren ningún”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...