InicioSociedadeOrganizan unha homenaxe á exmaxistrada María Teresa Conde-Pumpido e ao presidente da...

Organizan unha homenaxe á exmaxistrada María Teresa Conde-Pumpido e ao presidente da Audiencia de Lugo

Será o 17 de marzo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A exmaxistrada da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) María Teresa Conde Pumpido, quen cesou o pasado 5 de xaneiro do seu cargo por xubilación, será homenaxeada polos seus compañeiros e compañeiras, así como por diversas autoridades, o 17 de marzo.

María Teresa Conde-Pumpido Tourón naceu en Pontevedra en 1951. Antes de acceder á Carreira Xudicial, exerceu como avogada laboralista. Desde 2005 ocupou unha praza de maxistrada especialista na sección terceira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde permaneceu ata a súa xubilación. De 2008 a 2014 foi presidenta do Consello Consultivo de Galicia.

Pola súa banda, o presidente en funcións da Audiencia Provincial de Lugo, Edgar Amando Cloos Fernández, será homenaxeado, con motivo da súa xubilación, que se fará efectiva o 31 de marzo. O acto celebrarase o 24 de marzo.

Edgar Amando Cloos Fernández naceu en Monforte de Lemos en marzo de 1957. É xuíz por oposición libre desde 1986. Desde 2002 é presidente da sección segunda da Audiencia de Lugo e, desde finais do 2020, presidente en funcións da Audiencia Provincial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...