Home Lugo e contorna Rescatada no Páramo ao quedar ao bordo dun desnivel tras sufrir unha saída de vía

Rescatada no Páramo ao quedar ao bordo dun desnivel tras sufrir unha saída de vía

0
Rescatada no Páramo ao quedar ao bordo dun desnivel tras sufrir unha saída de vía
Saída de vía / CEDIDA GARDA CIVIL

Unha condutora foi rescatada á primeira hora da mañá deste venres no termo municipal do Páramo ao quedar ao bordo dun desnivel despois de sufrir unha saída de vía cando circulaba pola estrada LU-4320.

Segundo informaron o CIAE 112 Galicia e Garda Civil, o sinistro tivo lugar ás 06,40 horas deste venres no lugar de Armada, onde a condutora perdeu o control do seu vehículo e saíuse da estrada pola marxe esquerda. O coche quedou en perigo de caer por un desnivel, polo que os servizos de emerxencia tiveron que asegurar as condicións do vehículo para poder sacar con seguridade á única ocupante do mesmo.

Unha vez fora do coche, os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 atenderon e trasladaron á condutora do coche sinistrado.

+ posts