InicioSucesosUn accidente en Monterroso deixa un ferido despois do choque entre unha...

Un accidente en Monterroso deixa un ferido despois do choque entre unha furgoneta e un camión aparcado

PUBLICADA O

- Advertisement -

O condutor dunha furgoneta resultou ferido ao impactar co seu vehículo contra un camión que se atopaba estacionado na marxe da estrada N-640 ao seu paso por Monterroso.

O sinistro tivo lugar ás 13,30 horas deste xoves na saída en dirección Lugo do municipio de Monterroso, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia.

A consecuencia do impacto, que se produciu nunha recta, o condutor que manexaba a furgoneta quedou atrapado no interior do seu vehículo e foi necesaria a intervención do GES de Monterroso e dos bombeiros de Chantada para liberalo.

Unha vez accesible, o ferido foi evacuado nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias 061, que tamén mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención.

+ posts

ÚLTIMAS

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...