InicioSucesosRecuperan un coche roubado en Lugo cunha matrícula fora manipulada

Recuperan un coche roubado en Lugo cunha matrícula fora manipulada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo recuperaron un vehículo que figuraba como subtraído, e cuxas placas de matrícula foran manipuladas, segundo informaron fontes policiais.

Na mañá deste mércores, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio observou un vehículo estacionado na rúa Avutarda, que presentaba as portas dianteiras abertas.  Así mesmo, os axentes comprobaron que as placas de matrícula foran manipuladas, modificando unha das letras con cinta illante para que parecese outra letra.

A Policía consultou as bases de datos e constatou que o coche figuraba como roubado, polo que se procedeu á súa retirada e traslado ao depósito municipal. Doutra banda, fontes policiais informaron da tramitación de varias dilixencias de denuncia contra condutores por diversas infraccións.

Así, foron denunciados 9 condutores por non pasar a ITV no prazo debido, outros 4 condutores por circular sen o seguro obrigatorio, e outro tres por conducir sen usar o cinto de seguridade. Así mesmo, foi denunciado o condutor dun patinete eléctrico por levar un pasaxeiro, e outros dous condutores, tamén de patinetes, por circular sen sistemas de iluminación.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...