InicioSucesosDeteñen en Lugo unha parella logo dunha agresión mutua e non querer...

Deteñen en Lugo unha parella logo dunha agresión mutua e non querer presentar denuncia

Os axentes foron recibidos pola muller, que "está medio espida e visiblemente alterada" e que presenta "unha contusión nun pómulo e pálpebra, así como erosións en distintas partes do corpo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local detivo este fin de semana aos dous membros dunha parella –un home e unha muller– tras protagonizar unha forte discusión, dado que ambos se agrediron mutuamente e ningún dos dous quería presentar denuncias contra o outro.

Ocorreu ás 11,00 horas do sábado, cando a Policía de Barrio foi comisionada nun domicilio da rúa Río Eo por mor dun aviso por unha forte discusión entre esta parella, que se prolongaba xa por unhas tres horas, segundo informa a Policía no seu parte de incidencias.

Unha vez personados no lugar, os axentes foron recibidos pola muller, que “está medio espida e visiblemente alterada” e que presenta “unha contusión nun pómulo e pálpebra, así como erosións en distintas partes do corpo”.

Os policías procederon a realizar unha inspección na vivenda, onde observaron que todas as estancias estaban desordenadas. Encontraron á parella da muller baixo a colcha dunha cama e comprobaron que tamén presentaba erosións en varias partes do corpo.

Ante este escenario, e dado que ambos achacaban as súas lesións a incidentes sufridos fóra do domicilio e que ningún desexaba presentar denuncia, os dous foron detidos e trasladados, primeiro, ao centro de saúde para que fosen revisados por un médico de garda; e, posteriormente, a dependencias policiais para a tramitación de dilixencias por supostos delitos de violencia de xénero –no caso do home– e de violencia doméstica –para a muller–.

OUTRO HOME DETIDO

Por outra banda, este fin de semana a Policía Local detivo a outro home por violencia machista. Ocorreu sobre as 1,20 horas da madrugada deste luns, cando os axentes se trasladaron a unha vivenda da Praza Maior porque o home requiría presenza policial.

Unha vez no lugar, o requiriente recibiunos e informounos de que, durante unha discusión coa súa parella, déralle unha labazada e podía facerlle “cousas peores”. Pola súa banda, a muller manifestou que discutira coa súa parella, que lle arrincou unha cadea do pescozo e tiroulle o móbil ao chan.

Por todo iso, os axentes procederon a deter ao home, ao que trasladaron tamén a un centro médico e logo a dependencias policiais para tramitar as correspondentes dilixencias por violencia de xénero, a pesar de que a muller non desexaba presentar denuncia.

ÚLTIMAS

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...

Un operativo contra os locais de lecer nocturno en Lugo remata cun detido e 39 identificados

Un home foi detido por un suposto delito de atentado contra un axente da...

CC.OO. esixe a dimisión da edila de Persoal do Concello de Lugo

Comisións Obreiras (CC.OO.) esixiu a dimisión inmediata da concelleira de Persoal do Concello de...