InicioMedioambiente e PatrimonioDenuncian que o parque eólico do Picato alterará a paisaxe da cidade...

Denuncian que o parque eólico do Picato alterará a paisaxe da cidade de Lugo

Adega estuda recorrer ante a xustiza este parque.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación ecoloxista Adega estuda recorrer ante a xustiza a creación do parque eólico de O Picato, en Lugo, que se adxudicou a Naturgy e que contempla 11 muíños.

Unha das portavoces de Adega, Lucía Anido, sinalou que, ademais das accións xudiciais, prevén levar a cabo mobilizacións contra un proxecto que “está aprobado a día de hoxe”.  “Agora cabe unha acción xudicial, porque ese parque se aprobou definitivamente en decembro de 2021, e estase valorando a posibilidade de levalo aos tribunais”, opina. Tamén demanda información sobre esta infraestrutura, xa que os veciños de Lugo apenas coñecen “nada”.

Lucía Anido avisou de que este “eólico do Picato está nunha zona moi sensible, na reserva da biosfera, en zona de protección de aves e ademais parte do Camiño Primitivo a Santiago está dentro da área poligonal do parque”.

Tamén alerta dunha “grave afección paisaxística en todos os núcleos do redor”. “Vai estar preto das casas, son muíños de 150 metros, e en Lugo toda a panorámica da cidade que vai cara ao oeste vanse a ver estes muíños, porque é xusto a serra á beira da cidade”, agrega. Por parte de Adega “mantense un posicionamento en contra de como se está desenvolvendo a enerxía eólica” na comunidade galega.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...