InicioSociedadeA montaña de Lugo, por baixo dos 0 graos

A montaña de Lugo, por baixo dos 0 graos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os municipios de Baltar e A Mezquita, ambos na provincia de Ourense, rexistraron as temperaturas mínimas máis baixas na madrugada e primeiras horas deste mércores, nunha nova xornada de xeadas no interior.

Concretamente, en altitude por baixo de 900 metros, o municipio de Baltar rexistrou -6,4 graos, sendo por segunda xornada consecutiva a estación onde o mercurio máis descendeu na Comunidade galega.

Pola súa banda, en zonas de montaña (máis de 900 metros), A Mezquita rexistrou -6,3 graos. Con temperaturas por baixo dos 4 graos negativos tamén se situou Pedrafita do Cebreiro (Lugo), -5,6 graos; seguidas das estacións –na provincia de Ourense– da Veiga (-5,6), Vilariño de Conso (-5,1) e A Veiga (-4,4).

De novo por baixo dos 900 metros, sitúanse Verín (-5,6), Xinzo de Limia (-5,3), Viana do Bolo (-5,2), todas elas na provincia de Lugo; e Sarria (-4,6).

O aviso por baixas temperaturas (menos de 4 graos baixo cero) quedou desactivado en Ourense desde as 9,00 horas. Para este xoves, Meteogalicia avisa de nivel amarelo por vento do nordés no mar en toda a costa da Coruña e Pontevedra, entre as 15 e as 21 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...