InicioSucesosAtropelo a un menor en Lugo cando cruzaba polo paso de peóns...

Atropelo a un menor en Lugo cando cruzaba polo paso de peóns da Avenida Breogán

O menor dirixíase ao seu centro escolar cando o coche impactou contra el mentres cruzaba seguindo as normas de circulación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un menor foi atropelado na mañá deste mércores mentres cruzaba por un paso de peóns da Avenida Breogán, na cidade de Lugo.

O suceso tivo lugar ao redor das 08,30 horas da mañá deste mércores. Segundo os servizos de emerxencias, o mozo doíase dunha perna pero estaba fóra de perigo.

O menor dirixíase ao seu centro escolar cando o coche impactou contra el mentres cruzaba seguindo as normas de circulación.

Ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos da Policía Local e unha ambulancia, avisados ambos polo particular que conducía o vehículo implicado.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...