InicioSociedadeDúas caídas informáticas en dez días no HULA deixan sen capacidade de...

Dúas caídas informáticas en dez días no HULA deixan sen capacidade de resposta aos médicos

A delegación lucense da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia reclama ao Servizo Galego de Saúde que "reforce os medios informáticos para evitar as caídas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A delegación lucense da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESMreclama ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) que “reforce os medios informáticos para evitar as caídas nos seus sistemas informáticos”, como as dúas producidas en menos de 10 días no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

O persoal sanitario viu interrompido en senllas ocasións o sistema informático durante máis dunha hora, o que obrigou a “paralizar” a actividade ordinaria, o que “agravou unha situación de saturación que xa de seu padecen os centros hospitalarios nestas datas”.

A Delegación de CESM en Lugo explica que durante os dous apagamentos sufridos os facultativos non puideron desenvolver a súa actividade con normalidade, debido a que non podían acceder aos expedientes dos pacientes, de maneira que “se paralizaron probas diagnósticas e determinados equipos quedaron fóra de servizo”.

Neste senso, este sindicato advertiu de que a caída do sistema “contribuíu a incrementar a saturación” dalgúns servizos como Urxencias, o que “esixiu que os facultativos tivesen que redobrar os seus esforzos ante situacións inaprazables, prestado a atención posible e reflectindo manualmente as súas anotacións para despois introducilas informaticamente nas historias dos pacientes”.

Aínda que o HULA foi o centro que maior incidencia rexistrou por tratarse do hospital de referencia, tamén os comarcais de Burela e Monforte de Lemos sufriron caídas do sistema informático similares.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...