InicioSociedadeTampouco haberá transporte escolar este mércores nas zonas da montaña de Lugo...

Tampouco haberá transporte escolar este mércores nas zonas da montaña de Lugo polas nevadas

Máis de 1.000 escolares non asistiron este martes ao seu centro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de sete centros da montaña de Lugo suspenderon este martes as súas clases debido ao temporal que afecta especialmente esta zona da provincia de Lugo e as zonas altas da de Ourense.

Nestas zonas, en alerta laranxa por nevadas desde este martes, máis dun milleiro de escolares non acudiron ao seu centro educativo, segundo a información facilitada pola Consellería de Educación, que acordou o pasado luns suspender totalmente o transporte escolar nas zonas de montaña de Lugo e Ourense.

Esta medida estenderase á xornada do mércores, na que tampouco haberá transporte escolar no sur de Ourense, que se suma ás montañas luguesa e ourensá como territorios en alerta laranxa por nevadas.

Así, sete centros lugueses decidiron pechar as súas portas este martes. Trátase do CFEA de Becerreá (Becerreá), o CPI de Cervantes (Cervantes), o CPI Poeta Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel), o CEIP de Negueira de Muñiz (Negueira de Muñiz), o CEIP das Nogais (As Nogais), o CEIP de Samos (Samos) e o CEIP Eduardo Cela Vila (Triacastela).

Ademais dos 200 alumnos deste sete centros, tampouco acudiron a clase outros 400 de oito centros educativos situados nos municipios lugueses de Baleira, Becerreá, O Incio, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Así mesmo, o CEIP A Ponte da cidade de Lugo tamén tivo que suspender a súa actividade ante a crecida do río Miño, que alagou parte das instalacións deste centro.

SUSPENDIDO O TRANSPORTE ESCOLAR

Así as cousas, o servizo de transporte escolar continuará interrompido este mércores nas zonas en alerta laranxa por nevadas, é dicir, a montaña de Lugo e Ourense e o sur desta última provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...