InicioMedioambiente e PatrimonioDúas guías editadas pola Deputación de Lugo promocionarán o románico da Ulloa,...

Dúas guías editadas pola Deputación de Lugo promocionarán o románico da Ulloa, Os Ancares, O Courel e Sarria

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do contrato para a publicación de dúas novas publicacións sobre o patrimonio románico da provincia de Lugo, centradas na Ulloa, Os Ancares, O Courel e a comarca de Sarria.

Esta acción, explicou a institución provincial, busca favorecer a promoción deste estilo arquitectónico como “factor importante” para dinamizar o sector turístico.

Así, a Deputación avanzou que editará 1.000 exemplares dunha guía sobre o románico da comarca da Ulloa e outros 1.000 dunha centrada na zona dos Ancares, O Courel, e a comarca de Sarria, así como un total de 2.000 trípticos complementarios a estas publicacións.

Nunha nota de prensa, detallou que o contrato foi adxudicado a Producións 60 Refachos S.L. por 36.179 euros e un prazo de entrega de 11 días. “Estas dúas guías forman parte dun proxecto máis amplo, composto de catro volumes que farán un percorrido por este estilo arquitectónico ao longo de toda a provincia”, explicou a portavoz socialista do goberno, Pilar García Porto.

Así, García Porto destacou que a Deputación ten publicada a guía correspondente á Ribeira Sacra e durante este 2023 esperan sacar as correspondentes ás comarcas de Lugo, A Chaira e A Mariña para “completar a serie”.

O autor destas publicacións, que están en galego, castelán e inglés, é Miguel Mendoza e a ilustración corre a cargo das fotografías de Pepe Tejero e de Roberto Díaz.

+ posts

ÚLTIMAS

A Festa do Queixo de San Simón chega á súa XXX edición

Ao longo da fin de semana haberá moita oferta musical, contando coa animación das...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...