InicioSociedadeA primeira estrutura reticular de madeira de eucalipto 'globulus', cun accésit nos...

A primeira estrutura reticular de madeira de eucalipto ‘globulus’, cun accésit nos Margarita Salas, está no Campus Terra

A súa resistencia reside no feito de posuír dobre curvatura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A primeira ‘gridshell’ (unha estrutura laminar de rexa) do mundo realizada con madeira de eucalipto ‘globulus’, que está instalada no Campus Terra (Lugo) da USC, recibiu un accésit nos premios Margarita Salas de Investigación.

O proxecto, cuxa resistencia reside no feito de posuír dobre curvatura, foi realizado por Antonio José Lara Bocanegra, na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra, como tese de doutoramento, que foi dirixida polo catedrático da USC Manuel Guaita e por Francisco Arriaga, profesor da Universidade Politécnica de Madrid.

Así mesmo, Bocanegra defendeu que as láminas entrelazadas que dan forma á ‘gridshell’ colocada por Pemade no Campus de Lugo constitúen unha solución estrutural “sustentable e de gran eficiencia e expresividade arquitectónica”.

Segundo explicou, estas construcións parten de láminas de madeira inicialmente rectas, de sección pequena e gran lonxitude que se deforman en réxime elástico ata alcanzar a forma desexada.

Con todo, a pesar das súas posibilidades de construción e “enorme potencial” ata o día de hoxe só se construíron algunhas obras destas características, debido a que, segundo argumenta o arquitecto, contan con importantes dificultades durante o proceso de deseño e execución.

Neste escenario, Bocanegra trasladou que os resultados da tese tratan de pór en valor o propio territorio e ademais fomentar a bioeconomía e construción sustentable a través de novos produtos en base de madeira de especies locais e sistemas innovadores.

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

O PP lucense denuncia que o Goberno non teña en conta as alegacións da Xunta á planificación eléctrica

O PP de Lugo reclamou este venres ao Goberno central que "teña en conta"...

Detido por explotar e ter en condicións infrahumanas a un traballador estranxeiro

A Policía Nacional da Comisaría de Lugo detivo a un home como suposto autor...