InicioCulturaA película 'As Neves' apura as súas últimas xornadas de gravación na...

A película ‘As Neves’ apura as súas últimas xornadas de gravación na Fonsagrada: “Este lugar é precioso e cómese moi ben”

Aínda non houbo xornadas de neve no municipio, o que complicou algúns planos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A rodaxe da película ‘As Neves’ está a piques de chegar ao seu fin. “Xa nos queda pouquiño, despois virá un longo período de edición, postproducción…”, explica Sonia Méndez, a directora da longametraxe que ten como escenario principal o municipio lucense da Fonsagrada.

“Agradecida”, así di estarlle a todo o pobo lucense que se “portou de marabilla con todo o equipo, é precioso este lugar e cómese moi ben”, confesa.

‘As Neves’ é un thriller psicolóxico que busca “triunfar entre o público”. O maior dos recoñecementos para Méndez: “Non son os premios, ou polo menos non fago isto co fin de chegar a un logro determinado, se chega, chegou; para min o verdadeiramente importante é que á xente lle guste e lle emocione como a nós”.

Un dos problemas aos que están a ter que facer fronte é á ausencia, paradoxalmente, de neve. “Non é fundamental no argumento e podemos contalo con outro fenómeno meteorolóxico, pero na nosa cabeza sempre estivo o branco, a neve… Parece que este ano na Fonsagrada non quixo nevar, pero buscaremos solución”, afirma.

O nome da película está directamente relacionado co lugar onde se está gravando, tamén con “esa neve que nos falta”, pero tamén coa familia da directora. “Así se chamaba a miña avoa e esta é unha pequena homenaxe que lle quixen facer, se non me sinto conectada co proxecto é, para min, imposible terminalo porque son moitas horas de traballo e ter nel unha motivación e unha razón é fundamental para seguir”, di.

Esta película conta coa subvención da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, que achegou un total de 260.000 euros. Méndez di que “falar de custo é pouco elegante”, pero si aproveita para reivindicar: “A necesidade de apoiar a cultura do audiovisual porque é a que nos leva a traspasar fronteiras e a enriquecernos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...