InicioEconomíaO 40 % dos lucenses non chegan a fin de mes, cobrando...

O 40 % dos lucenses non chegan a fin de mes, cobrando de media uns 1.300 euros

O decano da Facultade de ADE en Lugo, Roberto Bande, tacha estes datos de "preocupantes" e teme o comezo dunha espiral inflacionista.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O 40 % das familias de Lugo chegan con moita dificultade a fin de mes, un dato que se viu incrementado tras a chegada da pandemia. Son datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) que analiza o decano da Facultade de ADE en Lugo, Roberto Bande, e que tacha de “preocupantes”.

Os lucenses cobran, en termos netos, unha media de 1.300 euros ao mes e o principal compoñente do gasto das familias son os alugueres: “Ao redor dun 40 % do salario destínase ao pago da vivenda e isto é moito”.

Para o economista, a única forma de que esta porcentaxe de gasto descenda reside en que o prezo da vivenda diminúa “mediante incentivos económicos que favorezan o aluguer de pisos a prezos alcanzables”.

Un 15 % das familias lucenses viven en réxime de propietarios. “Agora, quen teña un piso vai ter que facer fronte a tipos de interese máis altos, o custo das cotas vai aumentar e se a isto sumámoslle o pago de facturas empézase a complicar o día a día”.

Os problemas que provocan esta delicada situación económica son, para o experto, claros: “Os salarios non aumentaron e si o fixo o custo da vida”.

Bande resalta que a solución tampouco podería pasar por unha “subida xeneralizada dos salarios”. Un ‘bum’ desmedido podería provocar unha inflación “similar á vivida nos anos 70”. “É como un círculo: soben os salarios, aumenta o poder adquisitivo, as empresas soben os prezos. Isto convértese nun circulo do que saír é moi complicado, aparecen as recesións, crises…”, explica.

O lucense cre que “as negociacións dos salarios” van ser algo moi “delicado”. Por unha banda, porque “non se pode permitir que os traballadores menos favorecidos perdan o seu poder adquisitivo”. “Pero, ao mesmo tempo, hai que calculalo de tal maneira que non se cree unha espiral inflacionista”, conclúe.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...