InicioPolíticaLara Méndez: ""Creo en Besteiro e gustaríame que dese o paso para...

Lara Méndez: “”Creo en Besteiro e gustaríame que dese o paso para estar en primeira liña da acción política”

A alcaldesa de Lugo volve criticar a Candia por mandar os anónimos que serviron para xulgalo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Pola súa banda, seguen as voces que insisten na valía de Besteiro para volver á primeira liña política. Neste sentido, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asegurou este mércores que o “candidato socialista á Xunta de Galicia decidirano os militantes, cando se abra o proceso”, pero confesou crer en José Ramón Gómez Besteiro, a quen distintas voces socialistas puxeron en valor nos últimos días.

Creo en Besteiro e gustaríame que dese o paso para estar en primeira liña da acción política“, proclamou, tras ser preguntada acerca de se vería con bos ollos que o lucense optase a ser o cartel dos socialistas para as próximas eleccións autonómicas.

Creo que é un activo moi bo e moi importante, demostrando a súa capacidade e a súa valía nos cargos de responsabilidade que tivo, tanto no Concello de Lugo, como na Deputación, e a nivel orgánico, sendo secretario provincial do PSOE e en Galicia”, destacou.

CRÍTICAS A CANDIA POLOS ANÓNIMOS

“O que quería trasladar é que era o noso candidato, era o candidato a ser o presidente da Xunta con opcións reais de conseguir ser presidente, que se lle truncou a carreira política naquel momento (2016) por falsos infundios, con anónimos que se trasladaron á Fiscalía pola señora Candia (Elena)”, esgrimiu.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...