InicioCulturaA Rede Museística homenaxea as mulleres que emigraron a Cataluña

A Rede Museística homenaxea as mulleres que emigraron a Cataluña

Faino cunha mostra no Museo de L'Hospitalet de Llobregat que se poderá visitar ata o 15 de febreiro. A mostra recolle a historia de 26 mulleres das comarcas da Montaña que emigraron a Barcelona entre os anos 40 e 70 para visibilizar un éxodo silenciado, a migración rural feminina.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os proxectos expositivos “Proximidade Llunyana” e “Recolectoras: Memoria e Terra” expoñense en Cataluña e a inauguración fíxose coincidindo co Día Internacional do Migrante, o 18 de decembro

Os proxectos “Proximidade Llunyana” e “Recolectoras: Memoria e Terra”, coordinados pola xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago, expoñense ata o 15 de febreiro no Museo de L’Hospitalet de Llobregat.

As mostras, que reivindican a memoria das mulleres do rural, parte delas ligadas á emigración de Lugo a Barcelona ao longo do século XX, inauguráronse cun acto no que se homenaxeou ás mulleres que, co seu relato, fotografías e documentos, deron contido aos proxectos expositivos. A xerente da Rede Museística Encarna Lago entregoulles a elas, algunhas retornadas e outras aínda residentes en Catalunya,  e ás súas familias –no caso das finadas – unha reproducción das composicións fotografías que conforman a mostra “Promixidade Llunyana”.

“PROXIMIDADE LLUNYANA”

A mostra recolle a historia de 26 mulleres das comarcas da Montaña que emigraron a Barcelona entre os anos 40 e 70 para visibilizar un éxodo silenciado, a migración rural feminina. Un panel fotógrafico do Shanghái – o tren que facía o traxecto entre Galiza e Catalunya -, as maletas que portaban as migrantes e composicións realizadas con documentación achegada  por elas e  as súas familias que viviron o éxodo  rural da posguerra -fundamentalmente cartas e fotografías- forman a mostra, que pretende dignificar e visibilizar un proceso migratorio que afectou, dun modo ou outro, ás seguintes xerais ata a actualidade.

Mulleres na exposición “Proximidade Llunyana”. Foto: Rede Museística Provincial de Lugo.

“Para unha muller, unha rapaza, de calquera parte da provincia en plena posguerra, a viaxe a Barcelona na procura dun traballo supoñía traspasar calquera liña coñecida: a da seguridade da casa e da familia, a da proximidade, a do idioma. Por iso, as interminables horas de ferrocarril que separaban Galicia de Cataluña marcaron un antes e un despois en cada vida”, explica Encarna Lago, que destaca o carácter universal destas vivencias.

“Só coñecendo a historia, neste caso o da migración rural feminina, e entendendo o seu carácter universal, poderemos empatizar co drama de milleiros de persoas en todas as fronteiras do mundo”, expuxo, destacando a oportunidade de programar estas exposicións coincidindo co Día Mundial do Migrante.

Proximidade Llunyana é un proxecto aberto. A  Rede Museística convida a que todas as mulleres que queiran dar a coñecer as súas historias de vida, ou as súas familias, acheguen documentación gráfica ou audiovisual. O sitio web da rede incorpora un apartado para recoller estes testemuñas.

“Recolectoras: Memoria e Terra”

Proximidade LLunyana dialoga nas instalacións do Museo de Hospitalet con “Recolectoras: Memoria e Terra”, comisariada por Alexandra R. Rey, recolle as creacións realizadas por 69 mulleres que viven no rural en obradoiros e encontros coas artistas María Gar, artista gráfica e instalativa; Ana Gesto, artista visual e perfomance; Isabell Seidel, pintora; e Andrea Torres, en diferentes emprazamentos, desde os propios domicilios das participantes ata espazos cedidos por outros colectivos.

Trátase de fotografías con composicións determinadas polos relatos das protagonistas, serigrafías e pezas cerámicas que as participantes realizaron acompañadas polas artistas, que lles facilitaron os recursos e as indicacións técnicas, e inspiradas nas súas traxectorias vitais, vinculadas ao rural.

ÚLTIMAS

A A-6 sufrirá esta semana cortes de carril polas obras de reparación do firme en Becerreá

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable vai executar esta semana actuacións de reparación do firme en...

Detido en Friol por entrar pola forza na casa dun coñecido, romper mobles e aveños e ameazalo de morte

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Friol a un home de 28 anos que...

Denunciada por falsificar un cartón de discapacitado para poder aparcar

A Policía Local de Lugo identificou e denunciou a unha condutora que facía uso...

Volve este luns ‘Lugo Termal’: descontos en balnearios lucenses para maiores de 50

A Deputación de Lugoabrirá este luns o prazo para solicitar as 1.750 prazas do programa...