InicioPolíticaJavier Cerqueiro: "Besteiro aínda é novo e ten futuro no PSdeG"

Javier Cerqueiro: “Besteiro aínda é novo e ten futuro no PSdeG”

O ex xefe de gabinete de quen foi presidente provincial abre a porta a súa volta á política activa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado do PSOE no Congreso pola provincia de Lugo, Javier Cerqueiro, auguroulle “todo o futuro do mundo” a José Ramón Gómez Besteiro, e deixa a porta aberta a que sexa candidato á Xunta de Galicia.

Cerqueiro, que foi xefe de gabinete de Besteiro cando presidía a Deputación de Lugo, prognostícalle “todo o futuro do mundo, é aínda un home que é novo“. Tanto é así, que deslizou que “ten a idade de Orozco cando empezou na alcaldía”. “Ten futuro, pero depende del, que queira el”, agregou.

Así, lembra que “hai que deixar claro que foron uns anos moi duros para el” polas diversas imputacións nas que se viu envolto. “Pasou unha auténtico vía crucis e hai que deixalo decidir a el, o que queira e como queira”. “É un activo político que pode modificar moitas cousas en Galicia”, intúe.

Respecto diso dunha posible candidatura de Besteiro á Xunta de Galicia polo PSdeG, incidiu en que será “o que el queira”. “Eu o que teño claro é que empezou un proxecto, eu xunto con el sendo xefe de gabinete na Deputación sacamos adiante un proxecto municipalista, que iniciaramos con Orozco no Concello de Lugo. Agora Valentín (González Formoso), Lara (Méndez) e Tomé colleron esa substitución”, sentenciou.

Agora somos un equipo e hai que ver o que é mellor para o partido, ademais, entre Valentín (González Formoso) e José Ramón (Gómez Besteiro) hai unha relación boísima“. “Calquera dos dous poderían ser candidatos (á Xunta), porque Valentín está tamén moi capacitado”, indicou o deputado nacional do PSOE por Lugo.

ÚLTIMAS

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...

Lugo Monumental leva á UE a peonalización do centro: “Mala xestión, danos e máis de 100 comerciantes feridos”

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, expuxo, ante a Comisión de Peticións da...