InicioPolíticaO BNG sae outra vez ás rúas de Lugo para reclamar un...

O BNG sae outra vez ás rúas de Lugo para reclamar un “tren digno”: ‘Lugo quere tren’

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG e Galiza Nova realizaron este venres unha acción reivindicativa, dentro da campaña ‘Lugo Quere Tren’, para reclamar uns mellores servizos ferroviarios, principalmente a mellora da conexión Lugo-Coruña.

Segundo trasladou o Bloque nun comunicado, o portavoz do BNG, Rubén Arroxo, afirmou que desde a formación seguirán traballando para que Lugo conte cun servizo ferroviario “digno, con conexións útiles” para os veciños lucense.

Ademais, aproveitou a súa intervención para criticar que o Goberno central non aceptase as emendas do BNG aos Orzamentos de 2023, que tiñan por obxectivo “pór fin ao déficit histórico ao que se está sometendo a Lugo en materia de infraestruturas, equipamentos e servizos”.

As principais reclamacións da campaña son a modernización da vía Lugo-Coruña e a creación dunha conexión con Compostela que, segundo Arroxo, podería ser posible con “unha obra de 27 quilómetros de vía” que conecte as paradas de Curtis e Ordes. Así mesmo, o portavoz cualificou como “un agravio” que Lugo sexa a única cidade de Galicia sen conexión directa por tren coa capital do país.

Pola súa banda, o responsable comarcal de Galiza Nova en Lugo, Alexandre Espiño, criticou a perda de conexións, eliminadas co comezo da pandemia, e que “aínda non se recuperaron”. Asegura que o tren debería ser unha alternativa de transporte eficiente, rápido e alcanzable para desprazarse entre as principais cidades e pobos de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...