InicioSucesosTres individuos agriden a unha moza en Lugo ao tentar roubarlle a...

Tres individuos agriden a unha moza en Lugo ao tentar roubarlle a carteira e o móbil

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha moza lucense foi agredida esta madrugada por tres individuos que presuntamente trataron de subtraerlle a carteira, o diñeiro en efectivo, o cartón bancario e o teléfono móbil. A moza tivo que ser atendida por unha ambulancia do 061.

Segundo sinalou a Policía Local nun comunicado, os feitos tiveron lugar ás 2,10 horas deste xoves cando a Sala do 092 recibiu información telefónica sobre unha agresión que se estaba producindo na Praza de Pío XII.

Os axentes, á súa chegada, atoparon á moza sentada no chan e sendo atendida por varios viandantes. Así mesmo, identificaron os testemuños e trataron de recoller unha descrición dos presuntos autores, que non foron localizados.

AUXILIO A UN VECIÑO

Noutra orde de asuntos, ás 10,50 horas deste mércores, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio foi comisionada nun inmoble da rúa Camiño Real, despois de que o 061 pedise axuda para a evacuación dun enfermo que se atopaba no seu domicilio.

Tras valorar a situación, o enfermo foi sacado ao exterior, por parte do Servizo de Bombeiros, a través dunha xanela parte traseira do edificio, para o que foi necesario restrinxir o tráfico rodado.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...