InicioSucesosMobilizan un helicóptero gardacostas para o rescate dun operario nun monte inaccesible...

Mobilizan un helicóptero gardacostas para o rescate dun operario nun monte inaccesible da Fonsagrada

PUBLICADA O

- Advertisement -

As difíciles condicións do terreo dificultan o rescate dun operario na Fonsagrada, que resultou ferido ao caerlle unha árbore enrima cando traballaba no monte. Así, foi mobilizado o helicóptero Pesca II para o rescate, xa que a aeronave do 061 non pode acceder ao lugar.

Segundo o boletín actualizado do 112, o terreo, de gran pendente, impide que o helicóptero medicalizado con base en Ourense aterre no punto. Por tanto, os servizos sanitarios solicitaron a colaboración do helicóptero de rescate Pesca II, do Servizo de Gardacostas de Galicia, para evacuar ao paciente ata o punto no que agardan tanto a aeronave medicalizada como a ambulancia para un posterior traslado.

Un compañeiro do ferido que se atopaba no lugar alertou ao 112 sobre as 13 horas do ocorrido, no lugar de Sudros, en San Pedro de Río.

Segundo o mesmo alertante, aínda que o ferido estaba liberado desde os primeiros instantes, permanecía inmóbil de cintura para abaixo. Ademais, a estrada máis próxima, a LU-530, quedaba a varios quilómetros do punto.

Con esta información, inicialmente os xestores do 112 solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Fonsagrada.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...