InicioMedioambiente e PatrimonioO Concello de Lugo aspira a conseguir fondos europeos para a creación...

O Concello de Lugo aspira a conseguir fondos europeos para a creación dun cinto verde na contorna do Miño

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, avanzou en rolda de prensa que o Concello aspira a conseguir fondos europeos, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica, para a creación dun “gran cinto verde”, na contorna do Miño.

Trátase dun itinerario de tres quilómetros seguindo os cursos fluviais do río Miño, Rato e Fevedoira, “un verdadeiro conector ecolóxico peonil e ciclista entre a zona urbana e a contorna fluvial”, en palabras de Méndez.

“Perséguese tamén conservar o rico patrimonio medio ambiental que temos, o patrimonio natural tan valioso e querido polos propios lucenses e polos visitantes que veñen gozar da cidade”, apuntou.

Este proxecto nace do estudo de planificación e ordenación desa zona, que xa se fixo baixo a estratexia Lugo Life Biodinámico. “É unha planificación que xa se fixo e agora hai que buscar as vías de financiamento posibles”, remarcou.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...