O evento terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo os días 18, 19 e 20 de novembro en horario continuo de 10:00 a 20:00 horas venres e sábado e de 10:00 a 19:00 horas o domingo. Alí daranse cita os fabricantes máis importantes de todas as ramas do seu negocio: turismo, camión, agrícola, industrial, obra pública, hidráulica, pneumática, aceites e químicos, electricidade, electrónica, diagnose, pneumáticos, láminas, chapa e pintura, maquinaria de taller, etc.
Durante as tres xornadas de feira haberá tamén técnicos das diferentes ramas que impartirán formación nas novas tendencias do recambio e outras actividades para os asistentes: visitas guiadas á cidade de Lugo e ás instalacións de Recambios Frain, restaurante, Frainkids –unha gran zona de xogos dedicada aos máis pequenos– e moito máis.
O acceso a ExpoFrain é libre e gratuíto, pero a organización aconsella aos profesionais, clientes ou non clientes, que se acrediten na súa páxina web para obter todas as vantaxes e beneficios exclusivos.
RECAMBIOS FRAIN, A EMPRESA
Recambios FRAIN foi creada en 1992 por Francisco Dourado cunha experiencia de mais de 35 anos no sector, xa que desde 1975 rexentaba outra empresa de iguais características. Os comezos foron encamiñados ao recambio agrícola, pero aos poucos fóronse incrementando seccións ata completar un abano importante delas para cubrir, na súa maioría, as necesidades dos seus clientes.
Necesitas un recambio? Frain teno
Dispoñen de recambios para a maioría dos vehículos: turismos, furgonetas, 4×4, cuadriciclos, camións, autobuses, tractores, maquinaria agrícola, maquinaria de obra pública… e contan cun taller propio para reparar todo tipo de maquinaria, con persoal especializado para facer instalacións de aire, auga e aceite nos talleres que o requiran.
Contan tamén con tenda on-line de acceso exclusivo para profesionais para adquirir os seus produtos de xeito cómodo e rápido.