InicioSucesosUn camión de mercadorías quedou avariado sobre as vías dun paso a...

Un camión de mercadorías quedou avariado sobre as vías dun paso a nivel en Guitiriz

Tiveron que quitalo cun guindastre

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un guindastre tivo que retirar un camión de mercadorías que se quedou avariado sobre as vías dun paso a nivel en Guitiriz. Aínda que houbo que cortar o tráfico ferroviario, non había trens previstos para ese tramo.

Segundo informa o 112 Galicia, o aviso deuno un particular sobre as 8,45 horas, que indicaba que o vehículo se quedou parado nun lugar próximo á estación ferroviaria de Santo Estevo de Parga.

Seguidamente, a central de emerxencias avisou ao GES de Friol-Pas, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, a Protección Civil de Guitiriz e ao servizo de mantemento das vías.

O camión foi retirado cun guindastre, tras o que os operarios do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) encargáronse de comprobar o estado da rede e de restablecer o tráfico. Fontes do ADIF ratificaron a Europa Press que a incidencia, que quedou emendada sobre as 11,00 horas, non afectou a ningún tren.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

A xuízo un home por agresión sexual á súa exparella cando esta decidiu deixar a relación

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro xoves, día 12, a un home...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...