InicioSociedadeO Concello de Lugo impulsa a creación dunha orquestra para a mocidade

O Concello de Lugo impulsa a creación dunha orquestra para a mocidade

Baixo o nome de Terra Nova e dirixida polo músico Nicolás Ravelli Barreiro, a agrupación "nace para ampliar os horizontes artísticos locais da mocidade".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo impulsa a creación dunha orquestra pensada para a mocidade, coa intención de “contribuír a continuar a súa formación musical e ampliar así os seus horizontes artísticos na cidade”. “Estamos ante os grandes profesionais que mañá mesmo asegurarán a continuidade das grandes orquestras, polo que queremos axudar a impulsar o seu enorme talento”, explicou a alcaldesa, Lara Méndez. 

O obxectivo é crear unha agrupación musical estable en Lugo, denominada Terra Nova, dirixida a intérpretes de instrumentos de orquestra de entre 15 e 35 anos de idade. Ao fronte deste proxecto está o prestixioso músico bonaerense residente na cidade, Nicolás Ravelli Barreiro, pianista, director e docente, que conta cunha dilatada experiencia artística internacional e que lanzou varias experiencias de contrucións colectivas como o proxecto LiceOpera, en Arxentina.

Neste senso, a rexedora apuntou que este tipo de proxectos complementan a formación que xa se imparte desde a Escola Municipal de Música e a que tamén desenvolven outras agrupacións musicais moi asentadas en Lugo.

Así, desde este sábado, día 5, ábrese a oportunidade de que a mocidade interesada poida participar nesta actividade de xeito gratuíto. A formación desenvolverase todos os sábados, de 11.00 horas a 14.00 horas, na Casa da Xuventude. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente en formulario.xuventudelugo.gal.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...