InicioPolíticaFeijóo e Rueda arrouparán a Candia no inicio da precampaña para as...

Feijóo e Rueda arrouparán a Candia no inicio da precampaña para as municipais

Estarán na tradicional 'pulpada' do PP de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente estatal do PP, Alberto Núñez Feijóo, e líder autonómico e titular da Xunta, Alfonso Rueda, arrouparán este sábado a Elena Candia como candidata á Alcaldía na ‘pulpada’ que organizan os populares lucenses.

Segundo informou o PPdeG nun comunicado, está previsto que asistan unhas 700 persoas e a recepción dos asistentes será ás 13,00 horas. Unha media hora despois comezarán as intervencións dos líderes populares. No acto tamén estará a secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, entre outros.

30 EUROS POR INVITACIÓN

O prezo dos cartóns para asistir a esta ‘pulpada’ é de 30 euros, un encontro gastrónomico que organizan tradicionalmente no PP de Lugo e que ten “o interese engadido”, remarcan os populares, de producirse a meses das eleccións municipais de 2023.

O PP de Lugo destaca que Candia, como candidata, “mantén intensos contactos” con todos os sectores sociais do concello de Lugo e desenvolve o seu a maneira de entender a política que é “aplicar o sentido común e estar aberta aos bos consellos que lle dan os veciños”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...