InicioSociedadeFriol mantén a recompensa de 6.000 euros para quen atope o veciño...

Friol mantén a recompensa de 6.000 euros para quen atope o veciño desaparecido hai mes e medio

O alcalde de Friol constata que a "familia se atopa esnaquizada" e lamenta que polo momento non haxa "ningún indicio" do seu paradoiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Friol mantén activa a recompensa de 6.000 euros que se ofreceu a aquel que atopase o veciño da parroquia de Carballo, José Luís Iglesias, en paradoiro descoñecido desde hai mes e medio.

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, asegurou que os labores de procura “se realizan con máis intensidade o fin de semana, e entre semana quen quere facelo tamén o fai”.

No entanto, insistiu en que “de maneira máis organizada e intensa séguese co operativo o sábado e os domingos, pero ata a data non hai nada novo que contar”, sinala Santos. Ata o momento “non hai nin un indicio, nin unha proba que indique que poida estar nunha zona en concreto”.

O alcalde de Friol constatou que a “familia se atopa esnaquizada porque pasa o tempo e non aparece José Luís”. “A esperanza é o último que se perde e imos ser os últimos en perdela”, desexou.

Así, José Ángel Santos puntualizou que “segue activa a recompensa”, de seis mil euros que achegan tanto o Concello como a familia para dar con José Luís Iglesias, coa esperanza de que isto “leve a colaborar a máis xente, sobre todo xente formada neste tipo de operativos”, conclúe.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...