InicioSucesosInvestigan ao conductor que causou danos nunha exposición e nos aparcabicis da...

Investigan ao conductor que causou danos nunha exposición e nos aparcabicis da Milagrosa

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo investiga as causas dun accidente ocorrido ao redor das 7,00 horas na Praza da Milagrosa, que se saldou con danos materiais que afectaron a exposición itinerante da Axenda Urbana, así como os aparcabicis instalados nesta área.

En concreto, os axentes tratan de localizar o condutor causante do accidente, que se deu á fuga despois de ocasionar danos nas xardineiras e elementos decorativos situados á beira dos paneis explicativos da exposición, á vez que danou a estrutura do aparcabicis.

No lugar atopouse algún resto do vehículo, polo que a Policía Local está a investigar o suceso co fin de pescudar quen é o causante dos danos.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...