InicioPolíticaMartínez di que se volverá presentar por Galicia Sempre tras ser "tocado"...

Martínez di que se volverá presentar por Galicia Sempre tras ser “tocado” polo PP

O exsocialista recoñece "conversacións" con outros partidos independentes de cara ás eleccións municipais de maio de 2023

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, anunciou que volverá presentarse baixo as siglas de Galicia Sempre (GAS), partido que fundou el mesmo logo de abandonar o PSOE tras 40 anos de militancia.

Iso si, Martínez destacou que mantén “conversacións” con “moita xente”, tamén “con outros partidos independentes” de cara ás municipais de maio de 2023. “A decisión miña e do grupo no que estou é volver presentarnos por Galicia Sempre, seguir contando coa confianza dos veciños de Becerreá, que terán que decidir quen os vai a dirixir o próximos catro anos (…) Non teño previsto facer outro tipo de actuación”, resolveu.

Ao ser interpelado sobre se o contactou o PP, o alcalde de Becerreá deixou caer que “en política se toca todo”, para a continuación sinalar que está “moi satisfeito”, porque ve como os candidatos que fai case catro anos ficharon por Galicia Sempre “son o obxecto do desexo de todos os partidos políticos”.

“Hoxe vemos como ao candidato de Sarria están a tirarlle as tellas (polo PSOE). Xa llas tiraron tamén en Meira e Burela”, constatou Martínez. Dito isto, celebrou que o seu partido “é unha canteira importante de políticos agora e no futuro“. “Os principios de GAS son que cada un no seu concello pode actuar en función dos intereses dos veciños e non dun partido político que marca as liñas a seguir”, sentenciou.

DIMISIÓN DO SEU ‘NÚMERO DOUS’

Sobre a dimisión do que foi o seu tenente de alcalde, Claudio Vázquez, Manuel Martínez recoñeceu que “a valoración ten que ser negativa porque era un activo importante do Concello”.

“Era un dos concelleiros de Lugo e de Galicia que máis traballaba, que estaba operativo as 24 horas do día e vai ser un baleiro difícil de encher. Independentemente do que faga no futuro, deséxolle toda a sorte do mundo. A relación persoal segue inquebrantable”, dixo.

Martínez non quixo entrar nas razóns que levaron a dimitir ao seu ‘número dous’ e simplemente escudouse que “nun grupo político hai debates e xa os tiñamos hai 40 anos (compartiron militancia no PSOE ata montar GAS) e loxicamente un grupo ten que tomar decisións por maioría”.

ÚLTIMAS

Dous mozos golpean no parque Rosalía de Castro a un home tras un altercado con dúas mozas por motivo de cartos

Un home maior foi golpeado brutalmente no parque Rosalía de Castro de Lugo por...

Cachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles superando o límite penal

A Policía Local de Lugo detectou ao longo da semana pasada a dous condutores de patinete eléctrico...

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...