InicioPolíticaGómez-Reino integra a Josito na candidatura a liderar Podemos Galicia

Gómez-Reino integra a Josito na candidatura a liderar Podemos Galicia

As concesións de última hora do candidato oficialista permiten a integración dos círculos locais, frustrando a ofensiva de Bescansa pola secretaría xeral de Podemos Galicia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A carreira polo liderado de Podemos en Galicia semella estar encamiñada. Este xoves, a cancelación da presentación de José Manuel Pérez Afonso indicaba o alcance das negociacións que mantiña nese intre cos outros dous aspirantes, Carolina Bescansa e Antón Gómez-Reino. Finalmente, impúxose o peso do candidato oficialista, que acadou un acordo de mínimos co voceiro da formación en Lugo, integrando a lista que tiñan preparada os círculos locais.

Deste xeito, a denominada terceira vía –por oposición ao sector crítico de Bescansa e a Gómez-Reino, expresión do aparato– limita o impacto dunha nova batalla interna. Dende que solicitaron convocar esta nova Asamblea, a unión era o obxectivo fundamental das agrupacións municipais. Podemos Lugo impulsara unha candidatura que tentaba ser plural e representativa territorialmente, con Josito á cabeza.

Aliás, o convite da dirección saínte a Bescansa rachou este consenso. A resposta do presídium foi inmediata, lanzando a Tone nun intento por disuadir á deputada compostelá, contraria á estratexia electoral vixente, que prioriza o entendemento con En Marea. O desembarco da fundadora de Podemos e do voceiro do grupo confederal no Congreso dos Deputados deixara en suspenso a candidatura dos círculos.

Tone Gómez-Reino, voceiro de En Marea no Congreso dos Deputados e candidato á secretaría xeral de Podemos Galicia
Tone Gómez-Reino, voceiro de En Marea no Congreso dos Deputados e candidato á secretaría xeral de Podemos Galicia

Gómez-Reino moveuse con velocidade, contactando cos sectores anticapitalistas e errejonistas, e sendo o primeiro en falar directamente co representante de Podemos en Lugo. Despois de aceptar as liñas mestras do proxecto das bases, Tone conseguiu incorporar a Josito, un movemento que practicamente invalida as opcións de Bescansa, opción da actual secretaria xeral, Carmen Santos.

A operación completarase coa presentación dos avais. A amizade entre Gómez-Reino e Pablo Iglesias tiña pros e contras para os impulsores da terceira vía, que esixiron máis medidas de control e participación. Para satisfacer estas demandas, o voceiro de En Marea na Cámara Baixa propuxo a rendición de contas mensual, un novo foro de integración, e unha secretaría de relación cos círculos locais.

Tone insistiu en que a lista está aberta a quen desexe participar, defendendo a integración de Bescansa se así o dispuxera. “Seguimos sumando, tecendo Galicia. Por um Podemos Galicia forte, unido, motor do Cambio. Que fala de e desde o País”, publicou o candidato en redes sociais.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo racha a cohesión do Goberno e saca adiante tres emendas clave para os Orzamentos

O Grupo Municipal Popular logrou este martes os apoios suficientes na comisión extraordinaria de...

A Deputación corta seis estradas provinciais mentres seguen as complicacións na montaña de Lugo

  A Deputación mantén cortadas este martes seis estradas provinciais e conta con preto de...

Peche educativo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino en Galiza (STEG) informa do peche...

O PP consegue apoios dentro do BNG e da independente Reigosa na comisión de contas

O Grupo Municipal Popular conseguiu sumar apoios na comisión extraordinaria de contas que se...