InicioPolíticaA subdelegada do Goberno en Lugo lamenta a actitude "irresponsable" da Xunta...

A subdelegada do Goberno en Lugo lamenta a actitude “irresponsable” da Xunta sobre o viaduto da A-6

Isabel Rodríguez engadiu que cada vez que o Goberno autonómico pon estas actuacións en dúbida, "pon en dúbida tamén o traballo dos empregados e os técnicos, non só do Ministerio, senón tamén da súa Consellería, cos que se consensúan cada un dos avances".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, lamentou que a Xunta de Galicia siga tendo unha actitude “completamente irresponsable” e actúa “con insolvencia ou mala fe” ao “pór en dúbida” os avances no viaduto da A-6.

Así, tal como recolle a Subdelegación nun comunicado, Rodríguez lembroulle á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que unha actuación como a de reconstrución desa ponte “vai por procedemento de emerxencia”, polo que non fai falta a súa inclusión nos Orzamentos Xerais do Estado.

“A conselleira tería que coñecer, como responsable pública e especialmente pola súa formación profesional, que un procedemento de emerxencia é moito máis rápido e flexible para a execución dunha actuación deste tipo”, subliñou Rodríguez, quen insistiu en que o Executivo se comprometeu a investir “todo o que faga falta e cando faga falta” para estes traballos.

Isabel Rodríguez engadiu que cada vez que o Goberno autonómico pon estas actuacións en dúbida, “pon en dúbida tamén o traballo dos empregados e os técnicos, non só do Ministerio, senón tamén da súa Consellería, cos que se consensúan cada un dos avances”.

Para a subdelegada do Goberno en Lugo a actitude de Vázquez resulta “ridícula” e “pon en dúbida a súa credibilidade”.

Na mesma liña falou o portavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, Luís Álvarez, quen pediu á Xunta que explique as declaracións públicas do seu ex delegado territorial en Lugo e actual deputado José Manuel Balseiro, quen sementou dúbidas sobre a seguridade das actuacións no viaduto da A-6.

Así, Álvarez lamentou esta “mostra de imprudencia” fronte á actuación do Executivo, o que demostra, ao seu xuízo, que “para un problema gravísimo están a cuestionar todo”, mentres que “non ten alternativas” para o derrube da estrada LU-651 no Courel.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...