InicioPolíticaPontón felicita o San Froilán e mostra o seu "orgullo" polo traballo...

Pontón felicita o San Froilán e mostra o seu “orgullo” polo traballo do BNG no goberno local

O BNG, asegura, logrou "impulsar" Lugo a través de políticas "diferentes" como o proceso de peonalización.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, felicitou as festas de San Froilán á veciñanza de Lugo, cidade na que a formación frontista leva a cabo un traballo desde o goberno local do que a líder nacionalista di estar “orgullosa”.

Pontón visitou este venres a Cidade das Murallas para gozar xunto a membros do goberno local como o tenente de alcalde lugués, Rubén Arroxo, das festas de San Froilán, incluído o tradicional polbo das casetas.

“O San Froilán forma parte da miña biografía porque cando vivía en Sarria era unha festa que non perdía e hoxe estou encantada de poder compartir esta celebración que, ademais, está a ser un éxito que demostra o gran esforzo que hai detrás da súa organización”, manifestou a líder frontista, segundo recolle un comunicado.

Pontón, que desexou unhas “moi boas festas” aos lugueses e a todas as persoas que visiten a cidade estes días, enxalzou o labor feito polo BNG desde o goberno local, que comparten co Partido Socialista. Segundo a portavoz nacional, o BNG logrou “impulsar” Lugo a través de políticas “diferentes” como o proceso de peonalización.

“Non é unha actuación illada nin puntual, porque o Bloque ten un proxecto para que esta sexa unha cidade na que se camiñe máis, na que se gañe máis espazo para o público e para as persoas, na que se avance en dinamismo económico”, resaltou.

ÚLTIMAS

Achado morto ao octoxenario desaparecido en Láncara

Un octoxenario foi achado este sábado sen vida tras levar varias horas desaparecido no...

Colisión frontal en Lugo deixa tres persoas hospitalizadas

Tres persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada tras unha colisión...

O Concello de Lugo reclama á Xunta a recuperación inmediata do antigo cuartel de San Fernando

O Concello de Lugo reclamou á Xunta que execute de inmediato a recuperación do...

A Deputación de Lugo impulsa unha campaña para apoiar ás familias na volta ao cole

A Deputación de Lugo e a Federación Galega de Comercio lanzaron este venres na...