InicioPolíticaA alcaldesa de Lugo critica á Xunta por non apoiar as festas...

A alcaldesa de Lugo critica á Xunta por non apoiar as festas de San Froilán: “Non é algo novo, por desgraza”

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, afeou á Xunta de Galicia que non colabore coas festas de San Froilán, unha celebración que, como lembrou, está recoñecida como de Interese Turístico Galego e Nacional.

Méndez fixo estas declaracións durante unha visita na que acompañou á vicepresidenta terceira, Teresa Ribeira, ao edificio Impulso Verde da cidade durante este xoves.

Alí, a rexedora subliñou que “o compromiso tiña que ser claro e decidido” por parte da Administración autonómica para que existise unha maior colaboración coas festas patronais da capital provincial.

“Non é algo novo, por desgraza, esa situación que mantén o Goberno galego con respecto ao noso concello e que vivimos diariamente”, asegurou Méndez, que acusou á Xunta de non impulsar infraestruturas e “débedas históricas” coa cidade e de “paralizar” proxectos municipais, en alusión á praia fluvial.

Con todo, Lara Méndez aseverou que o San Froilán é un éxito e permite “seguir potenciando a cidade e que sexa unha porta aberta ao exterior”. “Reitero que veña moita xente a visitarnos, a ver e coñecer Lugo”, apostilou.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...