InicioSociedadeA defensa dun acusado de abusos sexuais pide a libre absolución e...

A defensa dun acusado de abusos sexuais pide a libre absolución e nega os feitos

O xuízo arrincou este martes na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A defensa do acusado de abusar sexualmente da filla menor de idade da súa ex parella pediu a libre absolución do seu cliente e nega os feitos. O xuízo arrincou este martes na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo e para o acusado a Fiscalía pide 12 anos de prisión.

Os feitos que se xulgan tiveron lugar hai catro anos, cando o procesado, segundo Fiscalía, aproveitou que a súa ex parella e nai de dúas fillas menores se atopaba fóra de casa para realizar “tocamentos” a unha das pequenas cando contaba con 14 anos de idade.

O home enfróntase a un delito de abuso sexual e a outro de malos tratos no ámbito familiar, dado que convivía e durmía coa nena no momento dos feitos que se xulgan, en 2018. A vítima necesita medicación e terapia desde hai catro anos.

Fiscalía pide 12 anos de prisión por abusos sexuais e 11 meses máis por maltratato. Tamén lle reclama unha indemnización de 15.000 euros polas secuelas e danos morais que sofre a vítima.

A avogada do procesado asegurou que ía manter que “os feitos non se produciron” e pediu a libre absolución do seu defendido, que ía tratar de “demostrar” que os feitos “non sucederon tal e como se expoñen”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...