InicioSociedadeComezan as obras para derrubar os piares do viaduto do Castro na...

Comezan as obras para derrubar os piares do viaduto do Castro na A-6

A secretaria de estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera, anunciou o pasado venres que as tarefas arrincarían este mércores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Operarios comezaron este mércores á primeira hora da mañá os traballos de desmonte dos piares 1 e 2 do viaduto do Castro da A-6, despois do derrube que se produciu en xuño.

En concreto, os labores sitúanse no quilómetro 430 sentido A Coruña da A-6, en Veiga de Valcarce (provincia de León). A secretaria de estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera, anunciou o pasado venres que as tarefas arrincarían este mércores.

O desmonte realizarase cortando ambas os piares en tramos que despois serán cargados en medios de transporte mediante guindastres, segundo explicou o Ministerio de Transportes.

Os traballos desenvolveranse “coas premisas de máxima seguridade” e por iso os medios auxiliares necesarios situaranse fóra dos viadutos.

Unha vez retiradas as pilas procederase á análise e toma de datos dos restos do taboleiro do van 2, xa demolido, “para o que será preciso executar os camiños de acceso necesarios”.

Así mesmo, tamén se procederá á realización de ensaios sobre os piares desmontados. A retirada dos cascallos do van demolido realizarase en paralelo coa toma de datos dos mesmos.

POLÉMICA

O ministerio estima que o prazo previsto para o desmonte das pilas sexa un mes “aproximadamente”. “Simultaneamente”, apunta, iranse realizando as tarefas de investigación, análise e ensaios.

Precisamente a investigación sobre as causas do derrube foi obxecto de polémica entre o Goberno central e a Xunta, que sospeita que o ministerio xa ten o resultados pero non llos dá a coñecer polo momento.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...