InicioSociedadeDetido en Lugo por golpear e agarrar polo pescozo á súa parella...

Detido en Lugo por golpear e agarrar polo pescozo á súa parella durante unha discusión

A vítima foi trasladada a un centro sanitario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron nas últimas horas un veciño da cidade como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir a súa parella durante unha discusión.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron durante a mañá deste luns, nun domicilio da rúa Rolda das Fontiñas. Ata alí desprazáronse axentes da Unidade Territorial da Policía de Barrio tras recibir un aviso sobre un episodio de violencia de xénero.

O aviso alertaba sobre un home que estaba a golpear a súa parella, á que agarraría polo pescozo. Unha vez no lugar, os policías entrevistáronse coa parella, que afirmou que “simplemente” discutiran.

Con todo, tras unha inspección ocular, solicitadas as declaracións das testemuñas e en vista das lesións da muller, os axentes detiveron o presunto autor da agresión. Mentres, a vítima foi trasladada por outro indicativo policial a un centro sanitario.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...