InicioSucesosO TSXG analizará o día 30 o recurso de Ana Sandamil contra...

O TSXG analizará o día 30 o recurso de Ana Sandamil contra a prisión permanente polo asasinato da súa filla

O pai da nena, José Manuel Leal, confía que se manteña a condena.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), con sede na Coruña, analizará o 30 de setembro o recurso que presentou Ana Sandamil contra a condena a prisión permanente revisable que lle impuxo a Audiencia Provincial de Lugo polo asasinato da súa filla de sete anos, Desirée Leal, ocorrido en Muimenta o 3 de maio de 2019.

O pai da nena, José Manuel Leal, confirmou que se “sinalou para o día 30 de setembro, que coincide co último día do mes”. Confía que se manteña a condena de prisión permanente revisable, á vez que confesou que é “duro” volver enfrontarse ao “recurso, porque xa é bastante duro convivir sen Desirée no día a día”.

“Estando as cousas como están e que non haxa unha condena firme é volver revivir esa monstruosidade. Un ten a Desirée todos os días no recordo, co sentimento de dor, angustia e perda dunha filla”, expresou.

Polo demais, sobre a denuncia por ameazas que lle presentou a actual parella de Sandamil, José Manuel Leal puntualizou que el xa conta “coas testemuñas” para un xuízo que se pode celebrar “entre decembro e xaneiro deste ano”. Unhas ameazas que volveu a negar e que confía que a “xustiza” se impoña ante tal denuncia.

A nai de Desirée atópase encarcerada en Teixeiro, e para a toma de declaración do 30 de setembro José Manuel Leal ten claro que finalmente non se desprazará e a fará por “videoconferencia”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...