InicioSociedadeA partir do 9 de outubro non se poderán facer rutas en...

A partir do 9 de outubro non se poderán facer rutas en catamarán polo río Miño

Naturgy Generatio SLU ten previsto realizar a partir de outubro obras de mantemento no selo inferior das comportas da presa dos Peares, o que implicará un descenso do nivel da auga e imposibilitará que as embarcacións circulen.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo informou este xoves de que a empresa Naturgy Generatio SLU, titular dunha concesión para o aproveitamento de auga no río Miño para a produción de enerxía eléctrica, comunicou que ten previsto realizar a partir de outubro obras de mantemento no selo inferior das comportas da presa dos Peares, o que implicará un descenso do nivel da auga.

Isto, apuntou a institución provincial, imposibilita que as embarcacións que cobren a ruta fluvial en catamarán polo Miño, que parte do Saviñao, poidan navegar con seguridade, polo que o servizo suspenderase a partir do día 9 de outubro, quedando operativos os catamaráns polo Sil, que saen do embarcadoiro Ponche do Sil, en Monforte de Lemos.

A Deputación porase en contacto coas persoas que xa fixesen o seu reserva na ruta polo Miño desde o 10 de outubro ata finais de ano, informándoas da situación e facilitándolles alternativas, como adiantar a data da viaxe ou realizar a ruta polo Sil.

O percorrido polo Miño funcionará con normalidade ata o 9 outubro, momento no que quedarán interrompidos as viaxes. En concreto, en setembro o servizo funcionará durante toda a semana, con viaxes de luns a domingo. En outubro funcionará os fins de semana dos días 1 e 2 e 8 e 9.

+ posts

ÚLTIMAS

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...

O encontro Detrás dos Mestre Mateo reivindica Lugo como “centrop de creación cultural”

A deputada de Cultura Iria Castro reivindicou Lugo como “centro de creación cultural” no...

O PSdeG leva ao Pleno da Deputación a defensa da Residencia das Gándaras

O Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, que se...

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...