InicioPolíticaCandia asegura que "Lugo quere cambio" tras presentar a súa folla de...

Candia asegura que “Lugo quere cambio” tras presentar a súa folla de ruta a afiliados da provincia

A veciñanza "está cansa de 25 anos de bipartidismo na cidade", sentenza a candidata do PP á Alcaldía de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A candidata polo PP á Alcadía de Lugo, Elena Candia, explica a militantes a folla de ruta a seguir na carreira ás municipais, baixo a lema ‘Obxectivo Lugo’. Asegura que “Lugo quere cambiar” e que a veciñanza “está cansa de 25 anos de bipartidismo na cidade”.

Tras reunirse con afiliados e colaboradores, Candia di estar “nun momento ilusionante” e por iso quere convidar “a todos a formar parte deste proxecto”. No primeiro encontro entre populares, Candia deu as primeiras pinceladas do que será a súa liña a seguir durante os próximos meses para lograr o obxectivo de converterse na próxima alcaldesa da cidade lucense.

Para establecer uns puntos claves dentro da súa campaña, Candia di que a opinión do partido e de fóra serán dous eixos fundamentais. Explica que, “ademais de crear espazos de debate na sede, haberá moito traballo a pé de rúa porque para acertar hai que primeiro escoitar”.

“Deseñamos unha folla de ruta moi intensa para implicar e dar unha participación real a todos os que queiran facer as súas peticións, suxestións, críticas ou ideas innovadoras”, anunciou emocionada ante os seus compañeiros de partido.

Defende que desde a formación azul “se entende a política como un traballo en equipo, escapando dos protagonismos e dos sectarismos doutros partidos”. A candidata lucense polo PP deixou tempo na súa intervención para agradecer as mostras de afecto e de apoio recibidas nos últimos días. Afirma que “intensificará a participación e protagonismo dos afiliados e colaboradores” co fin de consolidar e ampliar a estrutura do partido.

Candia finalizaba a súa presentación cos afiliados, celebrada na sede do PP, afirmando que está “preparada” e “orgullosa de poder representar os lucenses nas próximas eleccións”, pois asume “este reto apaixonante con responsabilidade, compromiso e humildade”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...