InicioEconomíaA provincia de Lugo superou o 80% de ocupación hoteleira durante agosto

A provincia de Lugo superou o 80% de ocupación hoteleira durante agosto

O perfil do turista que elixiu Lugo para as súas vacacións é de procedencia española, fundamentalmente chegado de Madrid.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Todas as zonas da provicia de Lugo superaron o 80% de ocupación hoteleira durante o mes de agosto, no que áreas como A Mariña e a Ribeira Sacra chegaron a alcanzar o 95% durante a ponte do día 15.

Así se extrae dos datos facilitados este martes pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl), que reflicten unha mellora das cifras de ocupación respecto de xullo.

As cifras da hostalaría luguesa apuntan a que todas as zonas da provincia pasaron o 80% de ocupación en agosto, especialmente durante a primeira quincena. Así, na Mariña alcanzouse o 85,20%, en Ribeira Sacra o 88,5%, na zona centro o 87% e en Lugo cidade o 81,70%.

O perfil do turista que elixiu Lugo para as súas vacacións é de procedencia española, fundamentalmente chegado de Madrid, aínda que tamén destacan os castelán leoneses, os cataláns e os andaluces. Entre o visitante foráneos, predominan os franceses.

De cara ao próximo mes de setembro, as previsións apuntan a unha caída de entre o 45 e o 60%, especialmente nas áreas máis turísticas como A Mariña e Ribeira Sacra.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...