Home Cultura Unha obra do lucense Rubén Paz no colexio Cervantes, nominada a mellor mural do mundo no mes de agosto

Unha obra do lucense Rubén Paz no colexio Cervantes, nominada a mellor mural do mundo no mes de agosto

0
Unha obra do lucense Rubén Paz no colexio Cervantes, nominada a mellor mural do mundo no mes de agosto
Obra de Rubén Paz no colexio Cervantes de Lugo (Foto: Lugo Xornal)

Pouco máis dun ano despois de que o lucense Diego AS gañase o premio ao mellor mural do mes de xullo do 2021, o tamén lucense Rubén Paz compite agora polo mellor mural do mundo deste mes de agosto do 2022.

A arte urbana lucense demostra que continúa na súa idade dourada, e por segundo ano consecutivo un artista lucense opta a ser recoñecido como autor do mellor traballo artístico do planeta segundo a plataforma Street Art Cities.

Nesta ocasión trátase dun graffiti elaborado na entrada do colexio Cervantes de Lugo, no Camiño de Pipín, entre os barrios da Milagrosa e da Piringalla.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here