InicioPolíticaMiñones insta a circular na A-6 en horas de pouca concentración de...

Miñones insta a circular na A-6 en horas de pouca concentración de coches polas retencións en Pedrafita

O delegado do Goberno defende as medidas aplicadas tras a caída do viaduto entre León e Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, instou a circular pola A-6, para chegar a Pedrafita, en horas de pouca concentración de vehículos, ao ser preguntado polas retencións que se están producindo tras a caída do viaduto, á vez que defendeu as medidas postas en marcha polo Executivo central.

Nun acto na Coruña, e a preguntas dos xornalistas, manifestou que “todo o mundo era coñecedor da complicación que ten non contar con ese viaduto”. “Xa advertimos que o tráfico ía ser complicado”, insistiu Miñones, quen incidiu en que as medidas postas en marcha “funcionaron”. En canto ás retencións, vinculounas tamén co verán e as festividades.

Por iso, recomendou aos condutores utilizar vías alternativas e “espaciar” a viaxe de forma que se utilice este traxecto nas horas de menor concentración de coches. “Fixemos o que está na nosa man”, insistiu sobre as medidas postas en marcha, citando a primeira alternativa que foi reducir o tránsito “a través da autovía en dobre sentido”.

E para outubro tentar que non se teña que pasar por Pedrafita, que se poida utilizar o túnel”, apostilou coincidindo cun encontro con nenos saharauís.

ÚLTIMAS

CCOO denuncia a situación da xestión do persoal no Concello de Lugo con cartas a Sánchez, Díaz e Pontón

A Sección Sindical de CCOO no Concello de Lugo presentou este mércores na Subdelegación...

Lugo adxudica o proxecto da pasarela do Carril das Flores

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo adxudicou este mércores o proxecto...

Investigan a morte da muller arremetida por unha vaca no San Froilán

O falecemento dunha muller tras ser arroiada por unha vaca durante o desfile de...

Lugo recibirá 15 menores migrantes da cota distribuída polo Goberno

A cidade de Lugo acollerá a un grupo de 15 menores migrantes da cota...