InicioPolíticaA Xunta augura que a reconstrución do Viaduto do Castro "podería levar...

A Xunta augura que a reconstrución do Viaduto do Castro “podería levar tres anos”

"É imprescindible información clara e un cronograma claro e certeiro sobre a reconstrución", demanda a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, recoñeceu que non sería “moito especular dicir que poderiamos botar tres anos sen a reconstrución total do Viaduto do Castro, da A-6″.

Nunha entrevista concedida a Radio Nacional Galicia, e recollida por Europa Press, a titular de Infraestruturas asegurou que non conta con ningún tipo de información sobre os proxectos construtivos, polo que solicita información “clara e certeira”.

Vázquez lembrou que o viaduto é unha estrutura “fundamental” para unir a meseta e Galicia e apuntou que os desvíos habilitados “non acurtan o percorrido e supoñen ademais unha diminución na comodidade, na seguridade viaria e na competitividade”.

“É por iso que solicitamos dúas cousas: claridade en informar as causas do derrube do viaduto, sobre todo tendo en conta que estivo pasado un ano e que se investiron 26 millóns de euros por unha emerxencia e o resultado foi un colapso. E doutra banda, é imprescindible información clara e un cronograma claro e certeiro sobre a reconstrución”, explicou a conselleira.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...