InicioSociedade'O importante está no interior', lema turístico de Vilalba

‘O importante está no interior’, lema turístico de Vilalba

O Concello de Vilalba vén de poñer en marcha unha nova campaña de turismo que ten como obxectivo promocionar por diferentes medios e soportes os atractivos da vila para incrementar e desestacionalizar a chegada de visitantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A campaña turística ‘O importante está no interior’ foi presentada o pasado luns pola alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro; Antía Rama, concelleira de Feiras e Mercados, e Suevia Ansede, técnica de Turismo.

A partires da nova web de turismo posta en marcha o ano pasado, www.turismovilalba.es, o concello presenta esta nova acción promocional con diferente material: vídeos, folletos informativos actualizados, novos e prácticos e planos do concello. Ademais, tamén se colocarán códigos Qr en edificios públicos e progresivamente noutro tipo de establecementos.

“O obxectivo é dar a coñecer o Concello de Vilalba en distintos espazos, tanto no escaparate dixital das redes sociais, como en feiras turísticas de todo tipo, actualizando os modelos anteriores co fin de atraer turismo durante todo o ano”, explica a alcaldesa, Elba Veleiro.

Os novos materiais, ademais de incluir información útil, poñen en valor o patrimonio natural, histórico e cultural de Vilalba e as súas 29 parroquias, con espazos como a contorna fluvial do Madalena e o tramo do Camiño de Santiago, ademais da gastronomía na zona. A campaña promociona tamén eventos e feiras como a do Capón ou a do Queixo San Simón da Costa, o FIV ou as festas patronais.

Material promocional

REPUNTE DO TURISMO

Despois de dous anos de limitacións e restricións pola pandemia, os datos de turismo recuperaron nos primeiros meses do ano o seu pulso habitual, cunha media de 1.300 persoas mensuais que pasaron pola Oficina de Turismo de Vilalba entre xaneiro e maio.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...