InicioPolíticaCandia, a proposta do PP para rematar co "bigoberno" en Lugo

Candia, a proposta do PP para rematar co “bigoberno” en Lugo

Lara Méndez cre que o traballo do grupo municipal do PP queda "inhabilitado"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vicepresidenta primeira do Parlamento e líder provincial do PP de Lugo, Elena Candia, asumirá o reto de ser a candidata popular á Alcaldía de Lugo. A xunta directiva local, segundo informa a formación, apoiou “por unanimidade” a proposta realizada polo presidente local, Ramón Carballo, designando como ‘alcaldable’ ás próximas eleccións municipais á presidenta provincial dos populares de Lugo. Fíxoo en presenza do líder do partido e presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Carballo resaltou “a capacidade de xestión e a honestidade” de Candia, exalcaldesa de Mondoñedo, onde segue no goberno local como tenente de alcalde, asegurando que é “unha muller resolutiva e valente”.

“Con Elena de alcaldesa, Lugo sairá do bucle dos proxectos fracasados, inacabados e sen sentido do bigobierno“, esgrimiu.

O TRABALLO DO GRUPO DO PP, “INVALIDADO”

Antes de que se fixese oficial o paso de Candia, co que xa se especulaba nos últimos días, a alcaldesa da cidade, a socialista Lara Méndez, incidiu en que o comité de dirección local do partido “non ten capacidade decisoria ningunha”.

En todo caso, Méndez consideraba que “sexa quen sexa o candidato, o que se fai é invalidar todo o traballo do grupo municipal do PP, que mantivo un rexeitamento continuo a iniciativas necesarias para a cidade“.

“Eu pediría, independentemente de quen sexa o candidato, que este se poña ao carón da cidade e non ao carón do seu partido”, emprazaba.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...