InicioSucesosXulgan a un home acusado de corrupción de menores en Lugo

Xulgan a un home acusado de corrupción de menores en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do Penal número 2 de Lugo celebrará o vindeiro xoves 28 de xullo o xuízo contra un home acusado de corrupción de menores.

Segundo o escrito do Ministerio Fiscal, no curso dunha investigación sobre distribución de pornografía infantil a través de internet, o 2 de decembro de 2016 procedeuse á entrada e rexistro do domicilio do procesado, maior de idade e sen antecedentes penais.

No mesmo interviñéronse un computador portátil, unha táblet, así como diferentes dispositivos de almacenamento e outros aparellos electrónicos onde foi achado “diverso material de contido pornográfico infantil”.

En concreto, contiñan máis de 3.000 arquivos nos que “aparecen menores de idade” e que o acusado tiña “para o seu propio uso”.

Fiscalía cualifica os feitos de delito de corrupción de menores polo que pide unha pena dun ano de prisión e liberdade vixiada durante os dous anos posteriores con obrigación de participar en programas de educación sexual.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...