InicioSociedadeCondenado a 23 anos de cárcere o home que asasinou a súa...

Condenado a 23 anos de cárcere o home que asasinou a súa parella nas Gándaras

Impúxolle a prohibición de aproximación ou comunicación, por calquera medio, coa nai, fillos e irmán da vítima, por un período de 33 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo, de conformidade co veredicto do Tribunal do Xurado, condenou a 23 anos de prisión e a dez anos de liberdade vixiada ao home que asasinou a coiteladas á súa parella, en febreiro de 2020, nunha casa do barrio das Gándaras.

Ademais, impúxolle a prohibición de aproximación ou comunicación, por calquera medio, coa nai, fillos e irmán da vítima, por un período de 33 anos, así como o abono dunha indemnización aos familiares da falecida de 225.000 euros.

No seu veredicto, o Tribunal do Xurado considerou probado que, entre as 18,00 horas do 6 de febreiro de 2020 e as 8,00 horas do día seguinte, se iniciou unha discusión entre o condenado e a súa compañeira sentimental, quen comezaran a relación no verán, no seu domicilio do barrio das Gándaras.

Durante o desenvolvemento da disputa ou unha vez finalizada, segundo o fallo, a muller foi ao baño, onde minutos máis tarde se dirixiu a súa parella, portando un coitelo co que lle asestou, “con ánimo de matar”, catro puñaladas no pescozo, unha das cales lle seccionou a arteria carótida.

O condenado, segundo a resolución, aproveitouse da “situación física que mostraba, tanto polo lugar no que se atopaba -no inodoro situado nun baño de escasas dimensións-, como en atención ao estado de intoxicación etílica que presentaba, unido á inxesta de medicamentos que tiña pautados”, a cal “a colocaba nunha situación de escasísima defensa”.

Así mesmo, a Audiencia indica que, no momento da agresión, o acusado, pese ao trastorno por consumo de alcol que padece, “presentaba intacta a súa capacidade de entender e querer”.

ÁNIMO DE MATAR

O Tribunal do Xurado deduciu que a súa intención era matar a súa compañeira sentimental “das probas periciais”, pois os forenses, segundo a sentenza, “foron determinantes ao concluír que unha coitelada no pescozo debe considerarse unha acción destinada a matar”, xa que comporta “un risco vital inequívoco“. Ademais, subliñaron que a traxectoria da coitelada fixo que penetrase “de maneira suficiente no pescozo, seccionándolle a arteria carótida”.

O Xurado tamén estimou que concorre neste caso a agravante tanto de parentesco como de aleivosía por desvalimiento, o que implica que os feitos sexan constitutivos de asasinato, en lugar de homicidio, pois entende que o condenado se aproveitou dunha especial situación de desamparo da vítima, a cal impediu “calquera manifestación de defensa”.

Por último, considerou que o acusado presentaba “unha lucidez incompatible, non só co brote psicótico que alega a defensa, senón mesmo cunha inxesta alcohólica que lle minorase as súas capacidades”. Para iso, baseouse nos informes forenses e nos “actos posteriores levados a cabo polo acusado”, quen limpou o cuarto de baño e, posteriormente, chamou por teléfono aos seus pais “ata en tres ocasiones”, creando con eles “unha coartada que haberían de manter xunto co seu irmán, quen, finalmente, se retractou do inicialmente sostido”.

Ademais, tivo en conta o seu comportamento respecto das forzas da orde, que foi “obstructivo e tendente a buscar a impunidade”. Contra a sentenza cabe presentar recurso.

Tras coñecer o fallo, a Asociación Amigos de Galicia, que se personou na causa como acusación particular e pedía para o acusado 25 anos de cárcere, mostrouse conforme á pena de prisión, aínda que considerou “insuficiente” a indemnización fixada para a filla menor da vítima, para quen reclamaban 200.000 euros polos danos causados.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...