InicioSucesosDeteñen tres homes en Vilalba por entrar nunha casa e roubar obxectos...

Deteñen tres homes en Vilalba por entrar nunha casa e roubar obxectos por valor de 25.000 euros

Segundo informa a Garda Civil, no transcurso da investigación pescudouse que os efectos subtraídos estaban ocultos no interior dun alpendre dunha vivenda abandonada na localidade de Baamonde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo en Vilalba aos tres presuntos autores dun delito de roubo con forza nas cousas por acceder a unha vivenda do municipio e subtraer diversos obxectos, entre eles material electrónico, ferramentas de xardinaría e instrumentos musicais, por un valor total de 25.000 euros.

Segundo informa o Instituto Armado, no transcurso da investigación pescudouse que os efectos subtraídos estaban ocultos no interior dun alpendre dunha vivenda abandonada na localidade de Baamonde. O alpendre estaba próximo ao domicilio dun dos autores, identificado como traballador dunha empresa que efectuara facía poucas semanas obras na casa que roubaron.

Ademais, as pescudas permitiron coñecer que outro dos autores vendería ao seguinte día dos feitos unha televisión nun establecemento de compravenda de artigos electrónicos na cidade de Lugo.

Así, a Garda Civil explica que, presuntamente, os integrantes da banda aproveitaron o traballo que efectuara un deles na propiedade para solicitar información e posteriormente acceder a roubar.

Os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Vilalba. A operación policial continua aberta e non se descarta novas detencións.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...