InicioSociedadeO alcalde de Palas: "Non teño ningunha dúbida de que o lume...

O alcalde de Palas: “Non teño ningunha dúbida de que o lume foi intencionado”

Un incendio na parroquia de Cuiña, que quedou controlado arrasar 22 hectáreas, ameazou varias casas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, non dubida da “intencionalidade” dun incendio na parroquia de Cuiña, que quedou controlado arrasar 22 hectáreas, segundo os cálculos da consellería de Medio Rural.

O lume iniciouse sobre as 21,05 horas do martes e deuse por controlado pasadas as 2,20 da madrugada deste mércores e comezou en tres focos. Taboada describiu, con respecto ao lume, que “pola noite foi terrible porque a calor era insoportable e o incendio chegou a estar moi preto das casas”.

Seguidamente, na mesma liña, confesou que, nun momento, chegouse a “pensar” que estaba “descontrolado e que puidese afectar a algunha vivenda”, aínda que finalmente esquivar esta “difícil” situación.

O alcalde de Palas de Rei puntualizou que o que ardeu foron “zonas de monte baixo, que non tiña arboredo”, así como un aeroxerador, posto que o incendio tamén afectou á serra do Careón. Así as cousas, asegurou, sobre a intencionalidade do incendio, que “todo apunta a iso”.

Nos labores de control participaron 12 brigadas, sete motobombas e un helicóptero entre outros dispositivos.

Este incendio, sostén Medio Rural, empezou en tres focos, o que apunta a que foi intencionado.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Gandeiros do SLG protestan contra a baixada de prezos do leite diante de Lactalis

Gandeiros do Sindicato Labrego Galego (SLG) protestaron ante a fábrica de Lactalis, no municipio...

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

Detido un home por múltiples delitos contra o patrimonio en Lugo

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home como suposto autor de...

‘Fillos do Vento: A Rapa’ destaca en EEUU no escaparate mundial do cinema inmersivo

O cineasta galego Brais Revaldería presentou en América Fillos do Vento: A Rapa, unha...