InicioSucesosUnha condutora triplica a taxa máxima de alcoholemia tras chocar cun coche...

Unha condutora triplica a taxa máxima de alcoholemia tras chocar cun coche parado nun semáforo en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou a unha condutora que triplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida tras chocar contra un vehículo parado nun semáforo en vermello na capital luguesa.

Segundo relatou a Policía Local, sobre as 21,05 horas do pasado 10 de xullo un equipo de Atestados trasladouse á Avenida República Arxentina porque se produciu un accidente no que un vehículo en movemento chocou a súa parte dianteira contra a traseira dun coche detido pola luz vermella dun semáforo.

Os axentes observaron que a condutora do vehículo que impactou contra o parado presentaba “signos de atoparse baixo os efectos de bebidas alcohólicas”. Sometida ás probas de alcoholemia, a condutora obtivo positivo de 0,76 mg/l, polo que se instruíron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...